xoves, 25 de febreiro de 2021

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción de sexo, nacionalidade, crenza..., ou calquera outro estereotipo presente na nosa sociedade. 
Con motivo do 25N, realizaron o proxecto "Voces sen voz", no que analizaron a situación das nenas en diferentes lugares do mundo. Ademais, tamén adaptaron o conto "Rula busca su lugar", unha grandísima reflexión sobre a educación das mulleres e como paseniñamente se van aceptando os condicionantes que a sociedade lles vai impoñendo.


     

xoves, 5 de marzo de 2020

UN ENTROIDO FESTEIRO


Estimadas familias, as vosas fillas e fillos traballaron moito, e con moita ilusión,  para desfrutar a celebración do Entroido.

Todo ese esforzo veuse recompensado polo moito que luciron ese día.

Agradecémosvos  a colaboración e o apoio recibidos pola vosa parte  e esperamos que, aqueles familiares que puideron asistir ao desfile, desfrutarades o evento.

Fixemos un vídeo para que vos quede, a vós e a nós, un recordo do día. Desfrutádeo!

Un agarimoso saúdo.


OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL

Este curso a temática seleccionada pola biblioteca para traballar como Proxecto común a todo o centro estará baseada nos oficios tradicionais de Santiago. É dicir, comprobaremos que nesta cidade famosa pollos seus monumentos e o seu lugar na historia, viviu xente que se encargaba de confeccionar as vestimentas e os zapatos; que traballaban as pedras; que canalizaban as augas; que daban de comer os peregríns...

A biblioteca Ánxel Casal brindounos a oportunidade de participar no VI Maratón de tradición oral, e nós buscamos cantigas tradicionais entre as nosas familias que falaran dos oficios...

Unha maneira de achegarnos á historia que non sempre aparece nos libros...

OUTRO XEITO DE LER: CONTRAPUBLICIDADE E FOTOGRAFÍA.

Na sociedade actual, non soamente se le mediante a linguaxe  escrita, senón que a as imaxes pasan a ser maneiras de comunicación e hai que aprender a lelas.

No mes de novembro recibimos a María, de Agareso, quen a partir de xogos de rol e  folletos publicitarios reais, nos axudou a reflexionar sobre como a publicidade emprega o corpo da muller. En decembro, acudimos á exposición sobre fotografía contemporánea na Fundación ABanca.

Así que por medio dunha comunicación participativa en ambos os dous casos, reflexionamos sobre as mensaxes e os produtos que recibimos,  e creamos produtos de contradiscurso por medio da tecnoloxía.



sábado, 29 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020


Estimadas familias, as vosas fillas e fillos traballaron moito, e con moita ilusión,  para desfrutar a celebración do Entroido.

Todo ese esforzo veuse recompensado polo moito que luciron ese día.

Agradecémosvos  a colaboración e o apoio recibidos pola vosa parte  e esperamos que, aqueles familiares que puideron asistir ao desfile, desfrutarades o evento.

Fixemos un vídeo para que vos quede, a vós e a nós, un recordo do día. Desfrutádeo!

Un agarimoso saúdo.


luns, 6 de xaneiro de 2020

COMEZAMOS OUTRA ETAPA

O curso de quinto marca a conta atrás dos nosos estudos na educación primaria, e por tanto, no CEIP López Ferreiro.

Ademais, é un ano de cambios, xa que pasamos a traballar e a desenvolver contidos co ordenador. Todo un reto ao que pouco a pouco, cada quen se vai adaptando.

Pero tampouco esquecemos as saídas didácticas. E deste xeito, se hai que estudar o mundo vexetal, por que non saír ao parque máis emblemático de Compostela? Pois si: fomos á Alameda, onde tamén descubrimos esculturas (das dúas Marías, de Valle Inclán, de Rosalía, da leiteira...); vistas panorámicas (da residencia, do Pedroso, da Catedral, da zona vella...); e determinados elementos que nos falan da historia da nosa cidade (o quiosco da música, a capela de Santa Susana, a carballeira onde se realizaban as feiras, os restos arquitectónicos da Exposición Universal...)


UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...